BENVIDA

Estimadas familias:

A EEI Milladoiro invítavos a coñecer, a través do noso blog, as nosas experiencias e actividades do día a día , facéndovos partícipes e colaboradores da aprendizaxe dos vosos fillos e fillas.

Coa nosa ilusión e esforzo queremos que o alumnado descubra nas novas tecnoloxías unha ferramenta de achegamento e apertura á sociedade así como un elemento indispensable de comunicación, información e aprendizaxe.

¡Benvidos á nosa escola!

ACTIVIDADES DA NOSA ESCOLA

lunes, 1 de octubre de 2012

PÁXINA WEB DA ESCOLA

A NOSA ESCOLA XA TEN PÁXINA WEB

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Ola a todas/os:
    Quero continuar un diálogo que se iniciou onte martes 22 de xaneiro nunha das clases deste centro. Lamentablemente non se deron as condicións axeitadas para levalo a cabo; pero como creo firmemente que os erros son unha maravillosa oportunidade para aprender aquí estou para expresar con maior claridade e amplitude o que quixen expoñer.

    Quero continuar este diálogo porque:

    - Considero necesaria a escola pública e temos moito que agradecerlle, entre outras cousas o impagable cariño, esforzo e atención dos seus mestres a cada un dos nenos que pasan polas súas mans e o constituirse nun espacio de encontro con moitas outras persoas e realidades....
    A mellor maneira de mostrarlle ó noso agradecemento a esa grande labor é contribuir á súa evolución e crecemento.

    - Creo que“Se necesita toda unha tribu para educar a un neno”- Pareceme vital a aportación de toda a comunidade en actitude aberta, respetuosa e dialogante nun debate serio, profundo e meditado sobre a nosa educación e a dos nosos nenos.

    Fago esta contribución desde a reflexión e contraste ca miña/nosa realidade e experiencia sen querer encasillarme en ningunha corrente pedagóxica, pero agradecendo as aportacións enriquecedoras de numerosos pais, pedagogos, psicólogos, filósofos......

    Quero poñer enriba da mesa tres elementos que me axuden a expoñer dun xeito máis clarificador o que quixen expresar na aula no seu momento:

    - O conto “El niño pequeño”de Helen Buckelin.
    http://maestrosymaestras.blogcindario.com/ficheros/lecturas/el_nino_pequeno.pdf


    - Unha viñeta de Francesco Tonnucci (Frato)
    http://www.utopiayeducacion.com/2007/05/las-reflexiones-de-frato-por-francesco.html


    - Un artigo de “Ortega y Gasset” tremendamente actual: “Pedagogía y Anacronismo”
    http://www.sfpa.es/blog/?p=187

    Despídome agradecendo a posibilidade de expresión a través deste medio dixital e espero a aportación enriquecedora de toda a comunidade educativa.

    ResponderEliminar